• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Programas de compostaxe

O Concello ten en funcionamento dous programas de compostaxe dirixidos a reducir os residuos que se xeran nos fogares e potenciar a separación do lixo para favorecer a súa posterior reciclaxe. Se desexas participar neles, comunícate co Concello para sumarte ás iniciativas e recibir a chave dos contedores marróns ou o composteiro individual.

 

TI TES A CHAVE 

Dirixido ás vivendas das zonas urbanas (A Laracha, Paiosaco e Caión) e urbanización Monte Claro (Cabovilaño). A compostaxe faise mediante o depósito dos residuos orgánicos nos contedores marróns dotados cun sistema de peche que só permite o seu uso aos usuarios autorizados. A chave para abrir os contedores debe recollerse nos puntos de rexistro municipal.

 Descarga: Tríptico programa "Ti tes a chave"

 

COMPOSTAXE INDIVIDUAL

Dirixido a vivendas unifamiliares con parcela anexa situadas en núcleos rurais, que poden producir compost de xeito doméstico mediante o uso dos composteiros.