O Concello proxecta unha nova iniciativa para poñer en valor a cultura mariñeira de Caión
Na Xunta de Goberno Local acordouse concorrer á convocatoria de axudas da Consellería do Mar para o seu cofinanciamento. Entre as intervencións estarían a realización de murais para embelecer o litoral e a creación dunha ruta interpretativa con elementos para facer autorretratos.

