O Concello completará a execución das obras de renovación da cuberta da piscina no mes de agosto
A zona húmida das instalacións permanecerá pechada do 10 ao 28 de agosto, incluíndo a habitual semana de mantemento do verán. O ximnasio non estará operativo do 10 ao 16.

