ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONCURSO DE DISFRACES DO PROGRAMA DE ENTROIDO
O Concello da Laracha anuncia a apertura do prazo de inscrición para participar no concurso de disfraces que se celebrará na tarde do martes de Entroido (día 9 de febreiro, festivo local na Laracha), e que será o evento central do programa municipal.

