O Concello destinará máis de un millón de euros á nova licitación dos servizos de limpeza viaria e xestión do punto limpo
A participación estará reservada para centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral. Tamén se inclúe a recollida dos colectores de papel-cartón, vidro, roupa e, por primeira vez, aceites de uso doméstico.

