O Concello organiza unha excursión a Baiona, A Guarda e Santa Tegra dirixida a persoas maiores, xubiladas e pensionistas
Terá lugar o día 18 de setembro. A inscrición ábrese o martes 10 de setembro.
Terá lugar o día 18 de setembro. A inscrición ábrese o martes 10 de setembro.
Durante o mes de xullo están a acudir unha media duns oitenta nenos cada día ás instalacións do CEIP Ramón Otero Pedrayo, lugar ao que se trasladou o servizo na época estival xa que ofrece máis espazos e novas posibilidades para organizar actividades.
As persoas que cumpran os requisitos e desexen realizar a excursión deben preinscribirse dirixíndose ao departamento de Servizos Sociais, situado no novo edificio administrativo da Laracha. O prazo será do mércores ao venres da próxima semana (20 a 22 de febreiro).
Terá unha duración de dous anos máis outros dous prorrogables. En cada exercicio o Concello da Laracha achegará 811.417,80 euros para o financiamento deste servizo.
O Programa Harmoniza larachés -relacionado coa axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar- resultou distinguido na categoría de “Campañas efectivas dirixidas á mellora do benestar da infancia e a adolescencia”.
A cerimonia de entrega destes recoñecementos de UNICEF terá lugar o 27 de novembro en Oviedo. Desde o Concello da Laracha unha vez máis mostramos o noso orgulloso porque una entidade como UNICEF mostre deste xeito o seu respaldo e impulso aos proxectos municipais que estamos a desenvolver no apoio á conciliación das familias e na cooperación na educación dos nenos en corresponsabilidade, igualdade de oportunidades e rexeitamento de calquera tipo de violencia.
Os potenciais novos beneficiarios de SAF por dependencia serán as persoas que integran a lista do PAR, que a día de hoxe son dez. A partir da próxima semana, o persoal técnico de servizos sociais municipais contactará con esas familias para iniciar as entrevistas e asignar as novas horas dispoñibles. A previsión é que os novos usuarios poidan a comezar a recibir o servizo a principios do mes de outubro.
O evento desenvolverase o sábado 19 de maio no pavillón do IES Agra de Leborís. A partir das 13:00 horas oficiarase unha misa na propia instalación, a continuación será o xantar e, por último, haberá baile con música en directo.
O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o director da oficina de “la Caixa” da Laracha, Rubén Javier Soto Varela, asinaron o convenio . Tamén participaron no acto a edil responsable de servizos sociais, Rocío López, e a subdirectora da oficina de “la Caixa” da Laracha, Yolanda González.
O director da área de Dereitos Sociais e Cidadanía da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), Joaquín Corcobado, e a responsable do convenio entre a citada asociación co Instituto de la Mujer y para la Igualdade de Oportunidades, Dolores Palacios, estiveron no Concello da Laracha, onde mantiveron unha reunión co alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira responsable das áreas de Muller e Servizos Sociais, Rocío López, e a directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, Ana Aldao.
A Consellería de Política Social vén de aumentar o número de horas asignadas ao Concello da Laracha para atender casos de dependencia a través da prestación do servizo de axuda no fogar (SAF), un programa xestionado polos servizos sociais municipais e que, en casos de dependencia, é cofinanciado pola Xunta de Galicia e a achega do beneficiario, que varía segundo sexa o seu nivel de recursos económicos.
O Concello da Laracha celebrará o Pleno ordinario correspondente ao mes de xullo o venres da próxima semana (día 28). Os asuntos que serán elevados a esa sesión por iniciativa do grupo de goberno local foron sometidos aos correspondentes ditames das Comisións Informativas.