15 laracheses participaron na xornada formativa sobre o manexo do souto
Impartida por persoal técnico do Centro Agroforestal de Riós en colaboración coa Consellería do Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Permanece aberta a inscrición na xornada sobre pragas e doenzas do castiñeiro que se realizará o 4 de agosto.

