O Pleno aproba as dúas modificacións puntuais do PXOM propostas polo goberno local
No Concello da Laracha celebrouse un Pleno extraordinario e urxente convocado polo goberno local ante a necesidade de avanzar na tramitación urbanística das dúas modificacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que requiren dous proxectos de interese xeral para a poboación do municipio, xa que traerán consigo melloras nas infraestruturas públicas sanitarias, culturais, turísticas e sociais.

