O Concello construirá un novo viveiro de empresas no polígono e habilitará un centro municipal de emerxencias
No Pleno aprobouse con carácter inicial un novo suplemento de crédito para incorporar aos orzamentos xerais municipais a cantidade de 629.302 euros procedentes de parte do remanente líquido de tesourería e do superávit que deixou a liquidación do exercicio económico do ano anterior. Dita cantidade destinarase integramente a mellorar infraestruturas municipais con investimentos financeiramente sostibles.

