A Laracha presentará a candidatura para obter de UNICEF o recoñecemento como “Cidade Amiga da Infancia”
Así foi acordado por unanimidade no Pleno celebrado hoxe. Tamén houbo acordo dos tres grupos municipais para a aprobación provisional da nova ordenanza fiscal xeral de xestión, inspección e recadación de tributos.

