O Concello festexará as Letras Galegas con unha ampla programación municipal
O concerto de De Vacas do sábado 18 e o espectáculo de música e baile tradicionais galegos do domingo 19 serán os actos centrais. Tamén haberá espectáculos infantís e protagonismo para as clausuras de cursos do programa cultural municipal.

