O Concello da Laracha contará cun punto de información acerca da enfermidade de parkinson
Unha profesional da Asociación achegarase ao Edificio Administrativo (Avda. Fisterra nº 60), os venres, con periodicidade quincenal, en horario de 9:00 a 15:00h para ampliar a atención, orientación e detección de necesidades a persoas afectadas e ás súas familias.

