O luns remata o prazo de presentación de ofertas para executar as obras de humanización da contorna do CEIP Otero Pedrayo
O proxecto, cun orzamento de 411.000 euros, permitirá crear un novo acceso con aparcamento para autobuses escolares e vehículos particulares, mellorar os itinerarios peonís e dotar á zona con equipamentos e unha área verde.

