O alcalde participa na Xunta Local de Seguridade para coordinar o dispositivo de cara ao rally Terra de Galicia
Na reunión, presidida polo subdelegado do Goberno, estiveron representados os corpos e forzas de seguridade, os municipios polos que discorrerá a proba, o comité organizador e a Real Federación Española de Automovilismo.

